Saturday 27 de April de 2024

Anxo M. Lorenzo agradece a colaboración de especialistas na vida e obra de María Casares para achegar o seu legado á cidadanía


O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe nunha nova sesión do ciclo María Casares. Do exilio ao escenario organizado pola Xunta de Galicia con motivo do centenario do nacemento da actriz. As conferencias correron a cargo esta vez de María Lopo e Borja Ortiz, ambos especialistas na vida e obra da artista.

Durante a súa intervención, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades agradeceu a participación dos expertos que desde que se iniciou o ciclo colaboraron co Goberno galego para achegar o legado da actriz á cidadanía. “A implicación de persoas que compartiron escenario con María Casares ou que estudaron a súa traxectoria está sendo clave para que os galegos afondemos máis nunha muller que foi clave para o teatro en Galicia”, salientou. Tras estas conferencias, o peche do ciclo porano en novembro o músico Pedro Soler, que acompañou a María Casares en varias ocasións nas súas producións, e a catedrática María Delgado.